InicioEconomíaCaballero defende que a nova estación de buses non pode operar porque...

Caballero defende que a nova estación de buses non pode operar porque a Xunta non pediu autorización de rutas

O Goberno galego culpa o alcalde de "desviar a atención" do "grave atraso" que acumulan as obras que fai o Concello.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que a nova estación de buses da cidade, que construíu a Xunta no complexo intermodal de Urzáiz, non está en condicións de entrar en funcionamento porque a administración autonómica aínda non solicitou ao Concello a preceptiva autorización sobre as rutas, paradas e frecuencias.

O rexedor sinalou que o trasladado das rutas de bus á nova estación debe ser comunicado ao Concello, e ese paso non se produciu, polo que “aínda non empezou nin sequera o proceso” para a apertura da nova terminal.

Estas manifestacións prodúcense días despois de que a Xunta denunciou que a estación non pode empezar a funcionar porque parte dos accesos, cuxas obras dependen do Concello, non están rematados.

No entanto, o rexedor asegurou este luns que eses traballos “van en tempo e forma”, xusto antes de recoñecer que hai atrasos pola aparición de “terras contaminadas” que deben ter unha xestión medioambientalmente adecuada.

Con todo, insistiu en que ese atraso non ten “nada que ver” coa posta en marcha da terminal, e acusou á Xunta de ter “interese en facerse fotos”, en alusión á visita da delegada territorial, Marta Fernández Tapias, e do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, ás obras concluídas da estación o pasado venres, e deslizou que a obra está “a defraudar” as súas “expectativas”.

INTENTO DE “DESVIAR A ATENCIÓN”

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, respondeu ás palabras de Caballero acusándoo de tentar “desviar a atención” ante o “grave atraso” que acumulan as obras dos accesos que leva a cabo o Concello.

“A nosa estación e os nosos túneles están rematados e listos para entrar en funcionamento, pero a obra do Concello leva meses de atraso”, apuntou a representante autonómica e urxiu ao goberno local a que poña unha data de finalización deses traballos.

Así mesmo, lamentou que Abel Caballero está “a marear a perdiz”, primeiro co argumento de que hai terras contaminadas, e logo con rutas e liñas. “Pero que ninguén se leve a engano, porque evidentemente é necesario coñecer a data de finalización de obra para poder organizar a súa posta en marcha”, resolveu.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...