InicioEconomíaConde acusa á ministra Maroto de non apuntar que Stellantis está "fóra"...

Conde acusa á ministra Maroto de non apuntar que Stellantis está “fóra” do Perte da automoción

"O que pedimos ao ministerio é que concrete cal é a súa proposta para Stellantis, que concrete que criterios usou para que non poida desenvolver os novos modelos", aseverou vicepresidente primeiro, Francisco Conde.

PUBLICADO O

O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, acusou á ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, de tratar de “desviar a atención” para “non falar” de que a factoría viguesa do grupo Stellantis está “fóra” do Perte de automoción.

Cuestionado este luns nun acto en Santiago polas declaracións de Maroto nas que sinalou que Galicia podería ser unha das comunidades susceptibles de recibir fondos do Perte de microchips, Conde instou á ministra de “falar” sobre o plan para a automoción que “deixa fóra” á factoría viguesa.

Para o número dous do Goberno galego, a ministra trata de “desviar a atención a outros proxectos que agora non son unha realidade”, en referencia ao Perte de microchips aprobado a finais de maio polo Goberno e pendente de desenvolver.

“O que pedimos ao ministerio é que concrete cal é a súa proposta para Stellantis, que concrete que criterios usou para que non poida desenvolver os novos modelos”, aseverou Conde, que acusou ao Executivo de xerar unha situación de “desiguladad de condicións” para acceder aos fondos do Perte de automoción.

Segundo o vicepresidente e responsable da área económica do Goberno galego, o Ministerio de Industria “estableceu uns criterios ‘ah hoc’ que deixan fóra a Stellantis” destes fondos, polo que pediu a Maroto que “concrete cal vai ser o marco de apoio” á factoría “que lidera a produción de automóbiles” en España.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...

Condenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha muller que cobraba fianzas de falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...