InicioEconomíaCaballero insiste no turismo como motor de Vigo: pedirá case 11 millóns...

Caballero insiste no turismo como motor de Vigo: pedirá case 11 millóns de fondos europeos para impulsalo

Entre outros investimentos, pretende crear un centro multifuncional de turismo gastronómico e de recepción de visitantes, e un miradoiro e un ascensor panorámico no edificio do Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello solicitará 10,9 millóns de euros de fondos europeos para financiar proxectos que atraian turistas á cidade.

O rexedor indicou que esta cantidade irá destinada a financiar a creación dun centro multifuncional de turismo gastronómico e de recepción de visitantes na Praza da Igrexa (fronte á Colexiata), así como á construción dun miradoiro e un ascensor panorámico no edificio do propio Concello e á instalación dunha rampla mecánica no Paseo de Granada.

Segundo o alcalde, trátase dun “ambiciosísimo” proxecto que permitirá gañar turistas e virará arredor da Porta do Sol.

Para estas tres actuacións solicitarase un total de 8,7 millóns de euros, mentres que os outros 2,2 millóns serán para accións complementarias, como a creación dun sistema de iluminación eficiente no Casco Vello para destacar a calidade artística dos edificios.

Preguntado sobre se estas actuacións levarán a cabo se non se conceden as axudas, Caballero asegurou que si. Con todo, non concretou cando está previsto que estas obras se realicen.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...