InicioEconomíaA Xunta promete "apoio" á empresa cuxa nave quedou arrasada nun incendio...

A Xunta promete “apoio” á empresa cuxa nave quedou arrasada nun incendio no Porriño

O lume ocorreu o pasado mércores no Polígono da Granxa.

PUBLICADO O

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, visitou este venres, xunto ao alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo, as instalacións de Distribuciones Pako, afectadas por un incendio declarado o pasado mércores no Polígono da Granxa do Porriño.

Conde trasladou aos responsables da empresa que “contan co apoio da Xunta para que poidan recuperar canto antes toda a súa actividade”. Segundo explicou, nestes momentos estase en fase de avaliación de danos para cuantificar as perdas na compañía, que se dedica á venda e distribución de maquinaria e útiles para sondaxe, minaría e instrumentación, e que ten oito empregados.

O conselleiro, que agradeceu a actuación dos servizos de extinción no incendio, púxose a disposición de Distribuciones Pako para ofrecer o asesoramento que necesiten e os apoios precisos a través de préstamos estratéxicos para pemes (cunha bonificación da taxa de interese) mentres non se executan as pólizas de seguro.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...