InicioEconomíaOs hoteis vigueses teñen o 50% ocupado para Semana Santa e un...

Os hoteis vigueses teñen o 50% ocupado para Semana Santa e un 65% a partir do xoves 14

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que na actualidade o número de reservas nos hoteis da cidade ocupan xa o 50% das habitacións dispoñibles en Semana Santa, cunha media que ascende ao 65% a partir do xoves, día 14 de abril.

Así o sinalou na súa rolda de prensa diaria, onde indicou que son datos “moi bos“, aínda que “quedan días” para que poidan entrar máis reservas nos establecementos. Caballero recoñeceu que a choiva é un “factor disuasor”, pero destacou que a perspectiva de ocupación é “francamente boa”.

PLAN PARCIAL DE NAVIA

Entre outros temas, o alcalde de Vigo indicou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou un recurso contencioso-administrativo contra o acordo adoptado no pleno do Concello de aprobación definitiva da segunda modificación puntual do plan parcial de Navia.

A sentenza desestima a demanda duns particulares que expuñan que a súa propiedade estiveses cualificada como urbano consolidado e non urbanizable. O texto é “contundente” e dá a razón ao Concello, segundo asegurou Caballero, dicindo que “non procede” excluír do plan parcial unha propiedade de chan urbano rodeado de urbanizable por todas partes. “Un novo aval dun ámbito urbanístico na cidade de Vigo”, reivindicou Caballero.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...