InicioEconomíaO sector de imaxe persoal sae á rúa en Vigo e volve...

O sector de imaxe persoal sae á rúa en Vigo e volve pedir a rebaixa do IVE: “Traballamos só para facturas”

Destaca que a inmenza maioría dos empresarios están "a traballar só para pagar facturas".

PUBLICADO O

O sector da imaxe persoal (barbarías, barberías, salóns de estética, etc.) volveu a saír á rúa, esta vez en Vigo, para reclamar novamente a redución do IVE ao 10 %, e insistiron en que a situación deste colectivo é “insustentable”. Medio centenar de persoas manifestáronse polo tramo peonil da rúa Urzáiz, para concluír cunha concentración ante a sede da agrupación do PSOE, onde corearon consignas como “somos traballadores, non recadadores” ou “o IVE reducido era o prometido”.

A portavoz do colectivo, Josefa Alonso, lamentou que o mantemento dese imposto no 21 % desde 2012, a pesar de que “no seu momento aceptouse porque se dixo que ía ser temporal”, supuxo a perda de miles de emprego en España, e que a inmenza maioría dos empresarios estean “a traballar só para pagar facturas”.

Segundo apuntou, case todos os negocios tiveron que prescindir dos seus empregados ou, no mellor dos casos, “quedar só cun”, e insistiu en que “non se pode aguantar máis”. Na mesma liña, o perruqueiro Marcos Valverde lamentou que o sector sexa “vetado” polo PSOE, e lembrou que, nas súas reivindicacións, teñen o apoio do resto de grupos políticos.

Sonia Guisande, pola súa banda, subliñou que este colectivo “non está a pedir nada que xa non fose seu”, e insistiu en que a necesidade de volver do 21 ao 10 % é “urxente”, posto que a situación do sector agravouse agora máis pola subida do prezo da luz. No seu caso, explicou, pasou de pagar algo máis de 200 euros de electricidade a 400 euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...