InicioEconomíaO Concello de Vigo engade 45,8 millóns ás contas deste ano para...

O Concello de Vigo engade 45,8 millóns ás contas deste ano para máis de 60 actuacións

Destinará 4 millóns para as festas de 2022, 1,5 millóns máis que en 2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns o expediente para modificar o orzamento do Concello deste 2022, engadindo 45,8 millóns de euros para levar a cabo máis de 60 actuacións.

Tal como informou o rexedor, esta cantidade provén dos remanentes do Concello e permitirán na súa maioría financiar investimentos nas áreas de Fomento, aínda que tamén algunhas outras no ámbito deportivo, educativo, cultural, de xardíns, transporte e patrimonio.

Así, permitirá o asfaltado da rúa Marín, a liquidación das obras de Serafín Avendaño, a cuberta e protección do tranvía de Avenida de Castelao, a humanización de Terzo de Afora ou a segunda fase da vía verde, entre outras moitas accións.

Os 45,8 millóns de euros procedentes do aforro municipal, unidas aos investimentos do Concello xa recollidas no orzamento elevan os investimentos por enriba dos 100 millóns.

“Este ano estaremos a investir na cidade 115 millóns de euros, sen incluír proxectos europeos. Isto non ocorreu nunca na historia da cidade. É unha cantidade de investimento inimaxinable en ningún momento porque imos alcanzar case 140 millóns”, destacou Caballero.

Por outra banda, Vigo destinará ata 4 millóns de euros para as festas deste ano, 1,5 millóns de euros máis que en 2021. O alcalde puxo en valor que o Concello financiará “parte importante” das festas que se celebran nas parroquias, non só as que levan a cabo no centro, de aí o aumento de orzamento.

Ademais, asegurou que este ano as festas serán “excepcionais, as melloras que houbo nunca”, referíndose tamén aos concertos que haberá en Castrelos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...