InicioEconomíaAprobado o proxecto dun ascensor que unirá Travesía de Vigo coa rúa...

Aprobado o proxecto dun ascensor que unirá Travesía de Vigo coa rúa Aragón

Estará á altura da igrexa do Santo Cura de Ars.

PUBLICADO O

A xunta de goberno local de Vigo deu este venres luz verde ao proxecto de implantación dun ascensor que unirá as rúas de Travesía e Aragón, á altura da igrexa de Santo Cura de Ars, salvando unha pendente vertical de dez metros.

“Iniciamos os ascensores e o Vigo Vertical entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón. Este é o primeiro”, subliñou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que o elevador terá capacidade para 13 persoas.

Xunto co elemento mecánico, o Concello aproveitará a obra, que suporá un investimento de 721.000 euros, para renovar as redes de saneamento de auga e de rega, e tamén cambiará a rede de iluminación pública e as canalizacións de saneamento, sumidoiros, pozos e arquetas de conexión.

Por outra banda, Caballero inaugurou este venres a humanización realizada na avenida de García Barbón, entre a rotonda con Rosalía de Castro ata Isaac Peral, cun orzamento de 2,1 millóns de euros. En total, o investimento nesta rúa xa alcanza os 6,7 millóns. “É unha humanización colosal”, reivindicou o rexedor vigués.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...