InicioEconomíaTraballadores de Povisa anuncian mobilizacións se non se producen avances no convenio

Traballadores de Povisa anuncian mobilizacións se non se producen avances no convenio

O cadro de persoal do centro médico leva 11 anos sen suba de soldo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do hospital Ribera Povisa de Vigo anunciou este mércores a súa intención de convocar mobilizacións no caso de que non se produzan avances na próxima reunión de negociación do convenio colectivo.

Tal como recolle a Confederación Intersindical Galega (CIG), o cadro de persoal do centro médico leva 11 anos sen subida de soldo e cun acordo laboral “caducado” a pesar do cambio de dirección.

“Esta situación provocou numerosos conflitos coa anterior propiedade do hospital e os traballadores seguimos coa mesma situación laboral en precario desde que Ribera Saúde adquiriu Povisa en 2019″, engadiron os representantes sindicais.

Todo isto, segundo explican, súmase á situación provocada por estes dous anos de pandemia, “nos que todo o persoal demostrou o seu compromiso, implicación e sacrificio”, polo que, ao seu xuízo, “fai que sexa necesario que as condicións laborais melloren”.

Desa maneira, desde o comité reivindican que de non producirse avances na próxima reunión, prevista para o xoves 3 de febreiro, optarán por convocar un calendario de mobilizacións.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...