O Tribunal Superior tomba as alegacións dunha navieira ao plan reitor do parque nacional das Illas Atlánticas

O Tribunal avala o procedemento seguido pola Xunta, contra o que recorreu Cruceros Rías Baixas.

Praia das Illas Cíes desde o miradoiro / Europa Press.

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tombou as alegacións presentadas pola naviera Cruceros Rías Baixas contra o plan reitor do parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A compañía recorrera xudicialmente o documento de xestión do parque, que abarca varios arquipélagos do litoral galego (incluído as illas Cíes), elaborado pola Xunta de Galicia.

Nun fallo emitido o pasado luns 3 de xaneiro e contra o que cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo, a sala desestima a impugnación da empresa contra a aprobación deste instrumento de xestión e, desta forma, avala o procedemento seguido pola Administración autonómica.

En concreto, os maxistrados tombaron os once argumentos expostos pola parte demandante, entre os que figuraban o idioma empregado para a súa redacción (galego), o período de exposición pública ao que foi sometida ou os prazos fixados, entre outras cuestións.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here