InicioEconomíaO Porto de Vigo aproba o prego para a nova concesión de...

O Porto de Vigo aproba o prego para a nova concesión de terreos de Vulcano: 10 anos e investimento mínimo de 1 millón de euros

O prego recolle o uso de construción e reparación naval neses terreos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración do Porto de Vigo aprobou este martes por unanimidade o prego de bases para sacar a concurso a concesión dos terreos que ocupa as antiga Factorías Vulcano (agora Astilleros San Enrique), cun investimento mínimo requirida de 974.800 euros máis IVE e un prazo de 10 anos ampliables a 15, se se supera o investimento nun 25 %.

Así o trasladou o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuíña, que explicou que o prego recolle o uso de construción e reparación naval neses terreos.

Trátase só dunha parte das instalacións do estaleiro, uns 18.000 metros cadrados, xa que a antiga Vulcano ocupa tamén un espazo adicional privado, agora en mans de San Enrique. De feito, o Porto prevé, no seu Plan de Empresa, unha dotación económica de 4,7 millóns de euros para expropiar esa zona, incluíla na Delimitación de Espazos e Usos portuarios (DEU), e ampliar así a concesión.

Estas condicións publicaranse agora no Boletín Oficial do Estado (BOE) e abrirase un prazo dun mes para a presentación de ofertas. A previsión do Porto é que, nun prazo duns 3 ou 4 meses, esa concesión poida estar adxudicada.

ADIAMENTO DE INVESTIMENTO DE BARRERAS

Por outra banda, o presidente do Porto tamén informou da solicitude por parte do estaleiro Barreras de aprazar o último pago do paquete de investimentos comprometidos cando se lle renovou a concesión. Trátase de algo menos dun millón de euros que o novo propietario do estaleiro deberá asumir cando se faga cargo do mesmo.

Así, o Consello de Administración do Porto acordou aprazar ese pago ata o ano que vén a petición de Kroll, a consultora que se está facendo cargo agora de Barreras e do seu proceso de venda. En todo caso, os novos donos do estaleiro deberán facer unha proposta ao Porto sobre o destino dese diñeiro, aínda que Vázquez Almuíña sinalou que “se hai unha proposta sólida, o Porto porá facilidades”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...