InicioEconomíaOs hostaleiros apuntan un cheo en Vigo durante a ponte da Constitución

Os hostaleiros apuntan un cheo en Vigo durante a ponte da Constitución

Así o apunta o presidente da Federación de Hostalaría de Pontevedra, César Ballesteros, que subliña as "moi altas expectativas" que existen na cidade ante estas datas.

PUBLICADO O

As luces de Vigo son para os representantes da hostalaría pontevedresa, o maior reclamo da cidade, onde se rozará o cheo.

Así o apunta o presidente da Federación de Hostalaría de Pontevedra, César Ballesteros, que subliña as “moi altas expectativas” que existen na cidade ante estas datas.

Moi posiblemente chegamos ao 100 por 100 de ocupación. Pode haber algunha habitación na cidade pero a maioría dos hoteis imos estar cheos“, asegura Ballesteros, propietario do Hotel Baía, que recoñece a existencia dun antes e un despois para o sector da cidade desde a aposta pola iluminación do Nadal.

“Nesta ponte as ocupacións apenas roldaban o 20 ou 25 por cento da ocupación. Era unha ponte que non era atractivo para a cidade. A maioría dos vigueses marchaban fóra e non tiñamos visitantes de fóra ou que tivesen intención de vir a Vigo. Agora temos altas ocupacións todos os fins de semana”, afirma o hostaleiro vigués.

Tanto o Clúster de Turismo como a Federación de Hostalaría de Pontevedra sinalan que o atractivo de Vigo pola iluminación do Nadal irradia outros puntos de Galicia que os turistas aproveitan para visitar antes ou despois de ir á cidade olívica.

“Pode dicirse que hai un efecto chamada das luces”, recoñece Cesáreo Pardal, unha apreciación que tamén resalta César Ballesteros, que apunta ás Rías Baixas, Santiago ou o Baixo Miño como algunhas das saídas que aproveitan os visitantes de fin de semana.

Uns visitantes que volverán ser nacionais de forma case exclusiva durante unha ponte con características propias e que, por exemplo, non se celebra en Portugal.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...