InicioEconomíaO Goberno de Vigo asegura que non lle consta "ningunha actuación de...

O Goberno de Vigo asegura que non lle consta “ningunha actuación de investigación” de probas selectivas do Concello

'La Voz de Galicia' fala dunha investigación sobre unha posible venda de prazas para policía local e bombeiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Vigo asegurou que non lle consta “ningunha actuación de investigación nin requirimento de información” sobre probas selectivas desenvolvidas no Concello.

Así se manifestou este venres despois de que ‘La Voz de Galicia’ avanzase unha investigación sobre unha posible venda de prazas para policía local e bombeiro en Vigo. A este respecto, fontes do consistorio indicaron que se realizou unha consulta aos servizos xurídicos municipais e que “non consta ningunha actuación de investigación nin requirimento de información en relación coas probas selectivas desenvolvidas no Concello na actualidade ou en períodos anteriores”.

En todo caso, as mesmas fontes insistiron en que o Concello de Vigo “respecta calquera actuación investigadora que puidera estar en curso nestes momentos” e “ofrece a súa plena colaboración para o seu desenvolvemento”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...