InicioEconomíaBuscando proxectos transfronteirizos para impulsar a economía

Buscando proxectos transfronteirizos para impulsar a economía

A aceleradora transfronteiriza CoLogistics preselecciona 17 proxectos para dar resposta a retos loxísticos de empresas

PUBLICADO O

A sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo acolleu este venres o acto de ‘lanzamento’ de proxectos da convocatoria da aceleradora transfronteiriza CoLogistics para dar resposta aos retos loxísticos de máis dunha vintena de empresas de Galicia e do Norte de Portugal.

A convocatoria pechouse en setembro coa participación de máis dunha vintena de empresas ‘tractoras’ de Galicia e Portugal que expuñan 22 retos relacionados co ámbito loxístico, e coa presentación de 40 proxectos para dar resposta a esas demandas. Na xornada deste venres fíxose o ‘lanzamento’ das 17 ideas preseleccionadas.

O próximo 8 de novembro está previsto que o comité executivo da CBA (CoLogistics Business Accelerator), conformado por CEP, AEP e Igape, revelen os nomes dos 14 proxectos aos que finalmente se adxudicará a resolución dos retos.

O presidente da CEP, Jorge Cebreiros, valorou como un éxito esta primeira convocatoria da aceleradora, cuxo resultado “superou as expectativas” inicialmente expostas, e subliñou que esta iniciativa non só pon en valor a cooperación entre o público e o privado, senón tamén a colaboración entre entidades a ambos os dous lados da fronteira.

Pola súa banda, o responsable do Igape, Fernando Guldrís, sinalou que actuacións como esta permitirán incrementar a competitividade en materia de loxística transfronteiriza, á vez que lembrou que esta actividade é “clave para a mobilidade empresarial” e que, de feito, en Galicia hai unhas 12.000 empresas dedicadas á loxística, que dan emprego a case 50.000 persoas e facturan uns 2.300 millóns de euros anuais.

Finalmente, o presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, destacou que a CoLogistic Business Accelerator é unha ferramenta “moi interesante” no actual contexto de crise global de subministracións.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...