InicioEconomíaInvestigadores de Vigo crean unha aplicación dixital que ofrece información de cooperativas...

Investigadores de Vigo crean unha aplicación dixital que ofrece información de cooperativas galegas

Chámase Asistente Virtual do Cooperativismo e a Economía Social.

PUBLICADO O

Investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) impulsaron unha aplicación dixital que ofrece información de carácter económico e financeiro sobre sociedades cooperativas galegas denominada Saves.

Os resultados deste proxecto, no marco do que a plataforma se puxo en funcionamento hai un ano, foron presentados este martes en Vigo. Así, abordáronse od catro informes que debían elaborarse durante o desenvolvemento da investigación, posta en marcha polos docentes da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais María José Cabaleiro e Carlos Iglesias.

O traballo concretouse no Asistente Virtual do Cooperativismo e a Economía Social, que permite consultar desde calquera dispositivo electrónico información sobre sociedades cooperativas galegas e que está dispoñible en inglés, galego e castelán.

Cabaleiro explicou que este traballo se desenvolveu en colaboración co movemento cooperativo e a administración e indicou que a información recollida na ferramenta obtívose na súa maior parte a través das contas anuais das cooperativas depositadas no rexistro oficial de Galicia.

A docente sinalou que a “dispersión” da información sobre economía social e cooperativismo motivou a posta en marcha da plataforma, que tamén foi desenvolvida ante a “falta” dun conxunto de indicadores adaptados á singularidade das sociedades cooperativas. Ademais, defendeu a importancia de dispor dunha “visión específica” na que “se sitúe ao socio, como persoa, no centro”, en lugar de “pola súa achega ao capital da empresa”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...