InicioEconomíaNovas suspensión de actividade na planta de Stellantis en Vigo por falta...

Novas suspensión de actividade na planta de Stellantis en Vigo por falta de microchips

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) suspenderá a produción en todas as súas quendas nos dous sistemas de montaxe este xoves debido a problemas de aprovisionamento provocados pola chamada ‘crise dos microchips’.

Segundo trasladou a dirección da fábrica viguesa ao persoal, este xoves non traballarán os operarios da M1 (que monta os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e C-Elysée) nin os da M2 (onde se producen as furgonetas e monovolúmenes). A parada de produción afecta tamén o taller de baterías.

A empresa prevé renovar a actividade nas quendas de mañá (6,00 horas) do venres e, inicialmente, tamén está previsto que se traballe o fin de semana.

Os problemas de aprovisionamento estiveron provocando suspensión de actividade na planta viguesa de forma intermitente nos últimos meses. De feito, a ‘crise dos microchips’ levou á fábrica a anunciar a suspensión da quenda de fin de semana na liña de montaxe 2, así como á aplicación dun ERTE que está en vigor ata final deste ano.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...