InicioEconomíaO Concello de Vigo ultima a segunda fase das ramplas de Gran...

O Concello de Vigo ultima a segunda fase das ramplas de Gran Vía

Aprobará este xoves o expediente de contratación e licitación das obras.

PUBLICADO O

A Xunta de Goberno local de Vigo aprobará este xoves o expediente de contratación e licitación das obras da segunda fase das ramplas de Gran Vía, que se instalarán entre as rúas Venezuela e Nicaragua, cun investimento de 4,23 millóns de euros (financiados con fondos europeos).

Así o avanzouo rexedor, Abel Caballero, quen explicou que este proxecto de ‘humanización’ contempla a instalación de dous tramos de ramplas eléctricas, un entre Venezuela e Bolivia e outro entre as rúas Bolivia e Nicaragua.

A actuación, que cobre unha lonxitude duns 150 metros, contempla tamén a renovación de pavimento, redes de saneamento e abastecemento, iluminación, ou a cubrición das propias ramplas, que contarán no seu interior cun “novo xardín botánico”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...