InicioEconomíaInspección de Traballo confirma a irregularidade dos contratos de Amazon no Porriño

Inspección de Traballo confirma a irregularidade dos contratos de Amazon no Porriño

Critica os contratos temporais da empresa Typsa Delivery, subcontratada por Amazon para a plataforma loxística do Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Inspección de Traballo deu a razón á denuncia presentada polo sindicato UGTsobre o tipo de contrato dos traballadores dunha empresa subcontratada pola compañía Amazon para as reparticións en Galicia.

En concreto, segundo traslada a central nun comunicado este martes, a Inspección pon en cuestión a utilización de contratos por obra ou servizo realizados pola empresa Typsa Delivery, subcontratada por Amazon para a plataforma loxística do Porriño.

Con todo, UXT sinala que esta empresa “non sería a única” que leva a cabo estas prácticas “se se extrapola esta realidade” ao conxunto estatal, onde o sindicato denuncia as prácticas de Amazon e as súas subcontratas en canto á relación contractual dos repartidores. Neste sentido, segundo traslada a central, Inspección de Traballo centra os seus argumentos contra as fórmulas contractuais nas “normas reitoras” dos contratos por obra ou servizo, que inciden na “necesidade” de que exista unha identificación “suficiente” sobre a causa da temporalidade do servizo.

Así, UGT remarca que a vinculación entre Typsa Delivery e Amazon “contradí o sentido da norma cando fala da excepcionalidade desta mobilidade contractural fronte ao contrato indefinido”.

Neste sentido, o sindicato lembra que a sala en pleno do Tribunal Supremo expuxo que é ilícito recorrer á contratación temporal “cando a actividade da empresa é prestar servizos para terceiros”, polo que ve “inxustificado” que recorren a este tipo de relacións cos traballadores “e que unha empresa apoie a esencia da súa actividade nun persoal suxeito ao réxime de indeterminación de relacións laborais”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...