InicioEconomíaCon esta ferramenta poderás calcular se estás pagando de máis polo teu...

Con esta ferramenta poderás calcular se estás pagando de máis polo teu recibo da luz

Os prezos maioristas da electricidade este mes son un 59% máis altos que a media dos meses de abril de anos anteriores. O prezo por MWh é de de 62,23 euros, todo un récord. De seguir así, este mes de abril pecharase como o máis caro dos últimos 8 anos con tarifa regulada PVPC. Recomendan aos usuarios que revisen os seus contratos de cara a adaptalos ao seu consumo real.

PUBLICADO O

Tradicionalmente, o mes de abril trae prezos de enerxía baratos. As choivas caídas durante o outono e o inverno impulsan que se produza máis enerxía de orixe hidráulica, a que vén da auga embalsada e que non ten custo, o que adoita provocar unha baixada dos prezos da electricidade ou, polo menos, que se conteñan sen subidas excesivas. Con todo, as tres primeiras semanas deste mes abril apuntan a que este ano será atípico e atoparémonos co abril máis caro da historia recente.

De momento, a electricidade está a venderse a un prezo maiorista de 62,23 euros MWh, un 59% máis caro que o prezo medio dos anteriores meses de abril. Se o comparamos con 2020, é ata 3,5 veces máis caro, pero hai que ter en conta que o parón total da economía pola pandemia provocou unha situación anómala cuns prezos que foron extraordinariamente baixos. Este prezo da luz supera nun 24% os prezos de abril de 2019, que ostentaba o récord ata o de agora.

Pagaremos 7 euros máis que en marzo

O consumidor medio, que ten contratados 4.6 kWh de potencia e gasta 3.500 kWh ao ano, (292 kWh ao mes) pagará unha factura da luz en abril de 69,14 euros se ten contratado o PVPC, isto é, 7 euros máis elevada que a factura do pasado mes de marzo (62,25 euros).


As hidroeléctricas aproveitan o alto prezo do gas e os dereitos de CO2 para subir os seus

Poida que te esteas preguntando por que vai subir a electricidade se houbo nevadas e choivas. De feito, a enerxía hidráulica foi a que fixou o prezo no 60% das horas no mercado almacenista OMIE. Entón por que isto non foi sinónimo de prezos baixos? Non choveu tanto como para que sexa imprescindible abrir as comportas dos encoros, xerando enerxía aínda que sexa a un prezo baixo. As centrais hidroeléctricas poden regular a cantidade de enerxía hidráulica que producen e ofertala a un prezo só un pouquiño por baixo do que custa coas seguintes tecnoloxías máis caras (ciclos combinados, centrais térmicas…).

E aquí conflúe outro factor e é que o prezo do gas, que utilizan as centrais de ciclo combinado, e os dereitos de emisión de CO2 teñen durante estas semanas uns prezos elevados. A electricidade que producen esas centrais ofértase, por tanto, a prezos caros. Isto aprovéitano as centrais hidráulicas para subir tamén os seus prezos, aínda que a xeración hidroeléctrica non ten que soportar eses custos.

Ao final, as tecnoloxías máis caras, como as centrais de ciclo combinado ou centrais térmicas, son as que marcan os prezos, aínda que só contribúen durante unhas poucas horas ao día á produción da electricidade.

OCU aconsella revisar a factura da luz

Se crees que estás a pagar un prezo demasiado alto pola enerxía eléctrica, probablemente non sexa porque teñas contratada a tarifa regulada PVPC, á que lle afectan directamente todos estas subidas e baixadas de prezo. – Sinalan dende a organización de consumidoes.
No mercado liberalizado, no que están a maioría dos consumidores, hai moitas outras tarifas e algunhas son realmente pouco vantaxosas.

Para saber se estás a pagar un prezo axustado pola enerxía eléctrica, a OCU pon a disposición o seu comparador de tarifas eléctricas en liña.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...