InicioEconomíaAfectados polas obras da AP-9 lamentan a anulación da sentenza que condenou...

Afectados polas obras da AP-9 lamentan a anulación da sentenza que condenou a Audasa a devolver as peaxes

"Isto é algo que resulta practicamente imposible para un usuario a título persoal e supón un retroceso de máis de 50 anos na loita pola defensa dos dereitos dos consumidores", din.

PUBLICADO O

A asociación En-Colectivo lamentou que a Audiencia Provincial de Pontevedra anulase a sentenza que condenou a Audasa, concesionara da AP-9, a devolver as peaxes aos usuarios da autoestrada afectados polas incidencias xeradas polas obras na ponte de Rande, e que ocasionaron numerosas retencións.

Así, nun comunicado remitido este luns, esta entidade considerou que esta resolución supón un “pau para os consumidores, ao negarlles o dereito ás indemnizacións aprobadas anteriormente e ao non admitir que o Ministerio Fiscal e asociacións poidan reclamar a Audasa algún tipo de responsabilidade”.

Neste sentido, sinalou que a Audiencia de Pontevedra “ampárase nos decretos aprobados polo Goberno para permitir a obra de ampliación da Ponte de Rande a cambio da subida do prezo das peaxes e da prolongación da concesión ata o ano 2048″.

No entanto, continúa, “estes acordos están actualmente sendo cuestionados en diferentes ámbitos”. Así, esta asociación presentou o pasado ano unha denuncia ante a Comisión Europea por considerar que as prórrogas da concesión da AP-9 a Audasa vulneran a normativa comunitaria.

De igual maneira, entende que a resolución do Tribunal provincial é “contraditoria”, xa que, mentres “nega a En-Colectivo e ao Ministerio Fiscal a posibilidade de reclamar, abre a porta a estimar reclamacións individuais polos danos ocasionados polas obras, como pode ser un rebentón nunha roda”.

Isto é algo que resulta practicamente imposible para un usuario a título persoal e supón un retroceso de máis de 50 anos na loita pola defensa dos dereitos dos consumidores, ao negar a posibilidade de presentar demandas conxuntas”, recalcou a asociación, que avanzou que en próximos días decidirá posibles medidas a adoptar.en

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...