InicioEconomíaCase 200 persoas inscritas no rexistro de afectados polo peche da fronteira...

Case 200 persoas inscritas no rexistro de afectados polo peche da fronteira con Portugal

A AECT tamén puxo en valor que o tráiler do documental que produciu baixo o nome 'Confinados non Río Miño', acumula desde o 5 de marzo preto de 60.000 visualizacións nas redes sociais da Deputación de Pontevedra e Smart Minho.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case 200 persoas inscribíronse no rexistro de afectados o peche da fronteira con Portugal, iniciativa posta en marcha hai 15 días pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño).

Así o comunicou este martes a agrupación, que considera que estes datos evidencian que o peche do pasos transfronteirizos, que entraron en vigor o 31 de xaneiro e manteranse polo menos ata despois de Semana Santa, “supón un importante prexuízo para centos de persoas traballadoras”.

Neste contexto, este rexistro púxose en marcha a través da páxina web de Smart Minho para que as persoas afectadas, residentes tanto en Galicia como en Portugal, informasen o tipo de perjucio sufrido, o que inclúe perda de tempo, aumento de custos de viaxe e redución de clientela.

De acordo coa AECT, o obxectivo é que esta lista sirva “de base para reclamar posibles indemnizacións”, un marco no que o vicedirector da entidade, Uxío Benítez, insistiu na “necesaria compensación das institucións polo dobre impacto que sofre a fronteira: o da covid e o do peche dos pasos”.

Segundo trasladou a agrupación, as persoas afectadas rexistradas destacan os custos económicos e de tempo, ademais do “cansazo físico e psicolóxico” que lles produce a situación. Así, apuntan que co peche de fronteiras ven obrigadas a facer decenas de quilómetros a maiores.

“Desde que pecharon a fronteira temos que facer 100 quilómetros máis, o que significa botar unha hora máis de viaxe; os gastos ocasionados están sobre 350 euros mensuais, cando da outra maneira non chegaban a 100 euros”, denunciaron algúns dos afectados.

TRÁILER

Neste marco, a AECT tamén puxo en valor que o tráiler do documental que produciu baixo o nome ‘Confinados non Río Miño’, acumula desde o 5 de marzo preto de 60.000 visualizacións nas redes sociais da Deputación de Pontevedra e Smart Minho.

Benítez remarcou que con esta iniciativa búscase “visibilizar e pór cara e nome ás diferentes casuísticas e problemas que viven as persoas afectadas por só haber un paso aberto na ‘raia’ 24 horas”. “Detrás disto hai persoas que deben ser coñecidas e que ejemplifican o desafortunada que foi a decisión de pechar as fronteiras”, selou.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...