InicioEconomíaA Audiencia acolle a vista en segunda instancia polas peaxes cobradas durante...

A Audiencia acolle a vista en segunda instancia polas peaxes cobradas durante a ampliación de Rande

Usuarios afectados poderán testificar.

PUBLICADO O

A sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o próximo 24 de marzo, ás 10.30 horas, a vista en segunda instancia polo cobro das peaxes da AP-9 durante as obras de ampliación da ponte de Rande, e polo que Audasa xa foi condenada ao aplicar a taxa a pesar das retencións e inconvenientes que xeraron eses traballos.

Segundo informou a plataforma En Colectivo, que representa a condutores afectados polo cobro desas peaxes (entre os anos 2015 e 2018), “nesta vista poderase escoitar por primeira vez os condutores prexudicados polas obras e as retencións derivadas das obras”.

En primeira instancia, o xulgado Mercantil 1 de Pontevedra ditou sentenza condenando a Audasa a devolver as peaxes indebidamente cobradas, aínda que limitaba esa devolución a 81 episodios de retencións. Esa resolución foi recorrida pola Fiscalía e por En Colectivo, e tamén pola propia Audasa (que considera que esta cuestión é de índole administrativa), e o próximo 24 de marzo celebrarase a segunda vista, esta vez no tribunal provincial.

Nesta segunda instancia, informou En Colectivo, tanto esta plataforma de afectados como o ministerio público volveron solicitar que se escoite a testemuñas afectadas e, nunha providencia do pasado venres, o tribunal admitiu dita proba testifical. Así, na vista do 24 de marzo poderán declarar ata un máximo de 7 testemuñas (4 propostos por En Colectivo e 3 pola Fiscalía), e formalizar as partes as súas conclusións de forma oral.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...