InicioEconomíaA folga do 8M deixa a fábricas como Alonarti sen mulleres

A folga do 8M deixa a fábricas como Alonarti sen mulleres

En Unísono a folga tamén é importante.

PUBLICADO O

O seguimento da folga convocada en Galicia este 8 de marzo con motivo do día internacional da muller pola centrais CIG e CUT é desigual por sectores, segundo a información que manexan fontes sindicais consultadas por Europa Press.

Este 8 de marzo no que CC.OO. e CIG non convocan paros, o seguimento da folga á que chaman CIG e CUT é escaso en boa parte da administración pública, en ámbitos como sanidade, ensino e servizos de atención, nos que denuncian a “imposición” duns servizos mínimos “que impiden facer folga”.

No ámbito privado, a CIG apunta a fábricas como a de Alonarti Vigo, na que “non entrou ningunha muller na quenda da mañá”, e a outras industrias da comarca como Pescanova, Borgwarner, Plastic Omnium e Denso, con “un amplo seguimento”.

Por outras zonas, de acordo cos datos desta organización, secundan a folga máis do 60% das traballadoras de Treves Pontevedra, mentres que nas plantas de Indipunt e Inditex de Narón, de Leche Celta Pontedeume e en varios centros de chamadas como Abante BPO de Lugo, Extel da Coruña e Unísono de Vigo o seguimento é “importante”.

No comercio de alimentación e no téxtil, a incidencia é “menor que en anos anteriores”, pero destacan as fontes sindicais que “si que se poden ver tendas pechadas” como a de Stradivarius da Praza de Lugo, a cafeteria Coremain de Compostela e do Eroski do centro comercial das Termas de Lugo, onde “o 90% das traballadoras non cooperativistas están en folga”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...