InicioEconomíaUnha empresa de Vigo patenta unha tecnoloxía para facer cremas con ozono

Unha empresa de Vigo patenta unha tecnoloxía para facer cremas con ozono

O proxecto chega á súa fin tras 5 anos de longo traballo.

PUBLICADO O

A cidade de Vigo conta dende este venres cunha empresa pioneira máis entre o seu tecido industrial. A compañía Keybiological, con sede na cidade olívica, vén de anunciar que está a piques de conseguir a patente para unha solución de “aceite de ozono”: unha crema que, dende este momento, pode xa saír ao mercado.

Segundo explican dende a empresa, o aceite de ozono vén de ser tramitado –e adminitido– pola Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), polo cal en pouco tempo contará cunha protección especial da súa propiedade intelectual. Pero, de que se trata exactamente o aceite de ozono? Segundo apuntan dende a compañía, é unha solución que mestura aceites de distinta clase aos que lles engaden ese composto cun obxectivo: mellorar as súas propiedades antisépticas.

E é que o aceite de ozono que vén de desenvolver esta compañía consiste nunha sorte de “materia prima” –din dende a empresa– que servirá para dar pasos adiante en distintos eidos produtivos. Aínda que ningunha porta está pechada polo momento, os creadores consideran que podería contar con aplicacións proveitosas en sectores como o cosmético polas súas propiedades en “hidratación profunda e rexeneración celular”.

Outro dos eidos a ter en conta, destacan, serían o farmacéutico; xa que o composto de ozono permitiría avanzar na loita contra o a acné ou outro tipo de enfermidades polo seu efecto antiséptico sobre a pel. A compañía chega a este momento culminante logo de 5 anos de longo traballo nos que houbo que controlar parámetros extremadamente concretos como a “humidade relativa e a temperatura” dos procesos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...