InicioEconomíaFernández Alvariño defende os seus proxectos empresariais ante o novo presidente da...

Fernández Alvariño defende os seus proxectos empresariais ante o novo presidente da CEG

Di que aspira a recibir fondos europeos con proxectos tecnolóxicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Grupo Alvariño, José Manuel Fernández Alvariño, reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, para presentarlle catro proxectos estratéxicos cos que aspira a captar fondos do programa ‘Next Generation EU’.

Segundo informa a patronal galega, trátase da primeira reunión do empresario e expresidente da CEG co novo titular da confederación de empresarios galega, despois de que Vieites anunciase a designación de José Manuel Fernández Alvariño para o comité de expertos que asesorará á organización.

Alvariño trasladou a Vieites os pormenores dos catro proxectos nos que veñen traballando as súas empresas, en liña todos eles cos obxectivos estratéxicos que se marcaron para os fondos europeos que impulsarán a recuperación da economía tras a pandemia.

En concreto, o Grupo Alvariño está a desenvolver dous proxectos no ámbito das enerxías renovables a través das súas insignias Voltfer, especializada en solucións de eficiencia enerxética e instalacións fotovoltaicas de autoconsumo, e Gallaecia Solar, nova compañía do conglomerado centrada na promoción de parques solares fotovoltaicos de tamaño medio.

A estes súmanse outros dous proxectos que parten das divisións TIC do grupo empresarial: Demesix, que achega solucións tecnolóxicas para a xestión da mobilidade urbana, presentará unha iniciativa centrada no avance da mobilidade sustentable nas urbes e localidades galegas; e Galvintec, que traballa nun gran proxecto para o avance do e-commerce na comunidade.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...