InicioEconomíaXunta e Norte de Portugal piden manter abertos os máximos pasos posibles...

Xunta e Norte de Portugal piden manter abertos os máximos pasos posibles na fronteira

O obxectivo é tentar paliar ou "limitar no posible o impacto negativo" que poida ter tanto na economía "como na vida cotiá" dos habitantes da 'raia'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal solicita que se teñan en conta as peculiaridades das áreas transfronteirizas e se manteñan abertos os máximos pasos posibles, para amortecer os efectos do peche de fronteiras emprendido polo país luso para conter a pandemia.

O obxectivo é tentar paliar ou “limitar no posible o impacto negativo” que poida ter tanto na economía “como na vida cotiá” dos habitantes da ‘raia’, para que non se repita a situación creada o pasado ano que obrigou a traballadores a realizar grandes desprazamentos debido aos poucos puntos de cruzamento permitidos.

Advertiron de que manter estes puntos en Verín e o de Salvaterra suporá “volver ao peor momento” do pasado ano e podería ocasionar, de novo, “obstáculos na circulación” e problemas para estes traballadores transfronteirizos.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...