InicioEconomíaO Goberno central anuncia unha "rebaixa histórica" das peaxes da AP-9 este...

O Goberno central anuncia unha “rebaixa histórica” das peaxes da AP-9 este semestre

"Estamos a traballar nun sistema de bonificacións que non só vai ser para un ano... O que queremos é que dure toda a vida da concesión, estamos a falar de 2048", din desde Transporte.

PUBLICADO O

O Ministerio de Transportes destacou que traballa para que a rebaixa das peaxes da AP-9 entre en vigor no primeiro semestre de 2021, co obxectivo de que os descontos se prolonguen ata o ano de finalización da concesión –2048– e supoñan unha media de aforro de 100 euros ao mes para os usuarios.

Así o indicou este mércores o secretario xeral de Infraestruturas do ministerio, Sergio Vázquez, en declaracións á Cadena Ser recollidas por Europa Press. “Será cuestión duns meses. É importante que estea ben apontoado para que sexa con vocación de permanencia, porque a prórroga que se deu no ano 2000 fai que teñamos que vivir neste réxime de concesión ata 2048″, sinalou.

Na súa intervención, o responsable de Infraestruturas destacou que se trata dunha rebaixa “histórica” que vai beneficiar ao “peto dos usuarios galegos”. “Estamos a falar de rebaixas nos usuarios frecuentes que poden superar os 100 euros ou máis ao mes”, indicou.

Ademais, Sergio Vázquez indicou que os descontos estarán en vigor non só este ano senón nos anos “vindeiros” xa que o obxectivo é que se manteñan ata 2048, cando finaliza a concesión. “Estamos a traballar nun sistema de bonificacións que non só vai ser para un ano… O que queremos é que dure toda a vida da concesión, estamos a falar de 2048”, incide.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...