O PSOE di que traballa para que a rebaixa da AP-9 chegue “canto antes”

Critica ao BNG por aliarse coa dereita ao non apoiar aos PGE.

Peaxe / MN

O PSdeG asegurou que o Goberno de Pedro Sánchez “está a traballar” para que a incorporación das rebaixas e bonificacións nas peaxes da Autoestrada do Atlántico, a AP-9, se fagan realidade “no menor tempo posible de acordo aos prazos legais e necesarios”.

Así o manifestou nun comunicado remitido aos medios o coordinador dos deputados do PSdeG no Congreso, GuillermoMeijón, quen puxo en valor a “rebaixa histórica” que se producirá a través dos “máis de 63 millóns de euros que incorporan os orzamentos xerais do Estado”. “A pesar da irresponsabilidade do BNG e do PP de votar en contra dos orzamentos, o Goberno presidido por Pedro Sánchez cumprirá con Galicia na rebaixa das peaxes“, sinala.

Guillermo Meijón explicou que lles “consta” que o Ministerio de Transportes está a traballar coa concesionaria nos prazos necesarios para facer efectivos eses descontos, despois de que o luns o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, informase de que requiriu ao ministro José Luís Ábalos que estes entrasen en vigor “canto antes”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here