InicioEconomíaA Xunta licita a ampliación do Ifevi en 5.000 metros cadrados

A Xunta licita a ampliación do Ifevi en 5.000 metros cadrados

O orzamento previsto para o proxecto ascende a 7,27 millóns de euros.

PUBLICADO O

A Xunta licitou o contrato para a execución das obras da nova ampliación do recinto feiral de Vigo, cuxa superficie se incrementará en 5.000 metros cadrados para aumentar a súa competitividade e consolidar os eventos que acolle, como Conxemar, Navalia e Mindtech.

O orzamento previsto para o proxecto ascende a 7,27 millóns de euros, aínda que o Goberno galego estimou que o seu investimento ascenderá a 7,65 millóns de euros ao incluír tamén o custo dos contratos de servizo complementarios, segundo detallou a Vicepresidencia segunda da Xunta.

O prazo de presentación de ofertas finalizará o próximo 1 de febreiro, xa que o pasado mes de marzo o Executivo galego publicou un anuncio previo de licitación para reducir os prazos administrativos de 35 a 26 días.

En concreto, as obras realizaranse mediante un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Axencia Galega de Infraestruturas. Así, ampliarase a zona traseira do pavillón 3 e prevese alcanzar unha nova superficie construída de case 6.600 metros cadrados dos que máis de 5.500 correspóndense coa ampliación e máis de 1.000, coa reforma do edificio actual.

A tramitación do proxecto realizouse ao amparo da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese –coñecida como Lei Vigo– tras a obtención dos informes favorables do Concello e os órganos sectoriais.

Posteriormente, o pasado 18 de decembro, o Concello de Vigo certificou a dispoñibilidade dos terreos, un requisito previo para a licitación das obras. Finalmente, o 29 de decembro, o Consello da Xunta deu luz verde á contratación das obras para unha nova ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), cuxa superficie xa se incrementou en 2018.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...