Audasa di que sobe as tarifas da AP-9 polas obras da Ponte de Rande

Asegura que só se soben en 22 dos 28 tramos da AP-9.

A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo

Autopistas del Atlántico (Audasa) afirma que a peaxe para vehículos lixeiros conxelarase en 2021 en 26 tramos dos 48 que forman a AP-9, pero aumentarán no resto, unha das tres únicas autoestradas españolas que sobe tarifas o próximo ano.

Nun comunicado, Audasa afirma que a vía galega “cun custo de 0,11 euros por quilómetro, mantense en 2021 un 6,6% por baixo da media española de prezos de autoestradas do Estado e un 39,2% no caso das viaxes en coche de ida e volta no mesmo día que empreguen telepeaxe”. “O 67% dos tránsitos que anualmente se realizan pola autoestrada non verán incrementadas as tarifas en 2021”, tentan xustificar desde a empresa.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aprobou a actualización das tarifas das autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado, que inclúen no caso da AP-9 un incremento do 0,92% a aplicar desde as 00,00 horas do 1 de xaneiro de 2021. A concesionaria galega afirma que non imputa esta subida “cando representa menos de 5 céntimos por tramo“.

Por outra banda, recalca que as peaxes aprobadas polo Goberno para 2021 “inclúen a subida extra (1%) derivada das obras de ampliación da circunvalación de Santiago de Compostela e da ponte de Rande, que foron financiadas de maneira íntegra por Audasa”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here