InicioEconomíaA Xunta aproba 7,3 millóns para o Ifevi e acusa ao Goberno...

A Xunta aproba 7,3 millóns para o Ifevi e acusa ao Goberno central do atraso nesta axuda

Di que o Goberno de Sánchez tardou nove meses en mandar os informes sectoriais.

PUBLICADO O

O Goberno galego aprobou este martes a licitación, por un importe de 7,3 millóns de euros, das obras de ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) en 5.000 metros cadrados. Un diñeiro que chega logo de numerosas peticións do Concello de Vigo que acusou ao presidente galego de “ter abandonada” á cidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, culpou da situación ao Goberno central. Na última reunión do Consello do ano, dixo que a contratación se inicia despois de que tardasen “nove meses” os informes sectoriais por parte do Estado. Unha vez estes estiveron listos, o Concello de Vigo notificou “o 18 de decembro” a dispoñibilidade dos terreos.

Así, este martes o Executivo autonómico licitou esta “nova ampliación” por 5.000 metros cadrados. Suporá un desembolso de 7,3 millóns de euros que alcanzará os 7,6 millóns xunto os servizos complementarios.

Feijóo reivindicou que esta ampliación se suma á xa efectuada en 2018, cun investimento de 4 millóns de euros: “En definitiva, desde que chegamos ao Goberno, levamos investidos no Ifevi case 16 millóns de euros en sucesivas ampliacións”.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...