InicioEconomíaO BNG pídelle á Xunta un aumento de máis de 100 millóns...

O BNG pídelle á Xunta un aumento de máis de 100 millóns en investimentos para Vigo

PUBLICADO O

O BNG presentou este luns en Vigo as súas emendas aos orzamentos da Xunta para 2021, que recollen un aumento dos investimentos na cidade olívica por uns 105 millóns de euros, para facer fronte aos efectos da pandemia, reforzar os servizos públicos e atender a “necesidades infraestructurales”.

Nunha rolda de prensa, a deputada nacionalista Carmela González lembrou que esta formación presentou unha emenda á totalidade dos orzamentos autonómicos, porque é necesario pór en marcha un “ambicioso” plan de reconstrución, con medidas específicas de rescate de sectores como o comercio e a hostalaría.

A ese respecto, e tras recalcar que as contas presentadas polo goberno de Feijóo son “unha oportunidade perdida”, a deputada e o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas sinalaron que as emendas parciais presentadas polo BNG con respecto á cidade de Vigo pretenden “impugnar e pór fin á política de total abandono que a Xunta do PP practica contra a principal cidade de Galicia”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...