InicioEconomíaHostaleiros e comerciantes de Vigo manifestaranse semanalmente para pedir o seu "rescate"

Hostaleiros e comerciantes de Vigo manifestaranse semanalmente para pedir o seu “rescate”

PUBLICADO O

Hostaleiros e comerciantes de Vigo uníronse nunha mesa de traballo para sumar forzas e trasladar as súas reivindicacións ante as diferentes administracións, ás que volveron a esixir un plan de “rescate” para salvar empresas e emprego destes sectores, que se atopan en situación “crítica” debido á pandemia de COVID.

Así, representantes de ambos os colectivos (que representan a organizacións como a Federación Provincial de Hostalaría, Apemer Lecer Nocturno, comerciantes e hostaleiros de Torrecedeira, de Zona Náutico, Bouzas, Casco Lanuxe, Travesas ou Teis, entre outros) confirmaron que se manifestarán semanalmente e este luns concentráronse ante o edificio administrativo da Xunta na cidade olívica para incidir nas súas demandas.

Segundo lembraron coa lectura dun manifesto, estes sectores reclaman flexibilidade e axilidade na aplicación dos ERTE, e que poidan ampliarse ata maio de 2021; axudas directas para alugueres e subministracións; exoneración de tributos (ou polo menos a parte proporcional á paralización de actividade); suspensión do pago da cota de autónomos; moratorias en préstamos e hipotecas; habilitación de crédito en condicións vantaxosas; e axudas directas, entre outras medidas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...