InicioEconomíaUnha empresa de Nigrán lanzará ao espazo o seu primeiro módulo de...

Unha empresa de Nigrán lanzará ao espazo o seu primeiro módulo de comunicacións para satélites

UARX Space está especializada en análise de misións espaciais, electrónica espacial e a integración de satélites.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa UARX Space, radicada en Nigrán, lanzará ao espazo o seu primeiro módulo de electrónica que permitirá unha comunicación permanente con satélites a mediados de 2021.

Así o trasladaron os fundadores UARX Space, os enxeñeiros espaciais Yanina Hallak e Andrés Vila, ao delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, durante unha visita ás instalacións de Nigrán.

En concreto, UARX Space está especializada en análise de misións espaciais, electrónica espacial e a integración de satélites e atópase situada no viveiro dun edificio tecnolóxico do polígono de Porto do Molle.

Na actualidade, a empresa desenvolve un vehículo de transporte en espazo para pequenos satélites, un tipo de proxectos que ata o momento só se levan a cabo en Estados Unidos e Italia.

Os fundadores da empresa indicaron que a primeira fase da iniciativa, que consiste no desenvolvemento dun módulo de electrónica que permite unha comunicación permanente cos satélites, lanzarase ao espazo en 2021.

SEGUINTES FASES

Ademais, de cara ao avance nas seguintes dúas fases do proxecto, os directores da empresa analizaron con David Regades a posibilidade de realizar unha ampliación das súas instalacións durante o próximo ano.

UARX Space conta con sete traballadores aos que se sumarán dous enxeñeiros aeroespaciais españois residentes en Alemaña. Un dos empregados que se unirán ao equipo será unha muller galega que poderá achegar a súa experiencia ao sector, que conta con capacidade para favorecer o retorno de profesionais mediante empresas punteiras en investigación e desenvolvemento.

O crecente mercado dos pequenos satélites demanda novas solucións no espazo que abren liñas de traballo para empresas con capacidade para implementalas, como UARX Space, que asinou un acordo de colaboración cunha axencia espacial dun país europeo.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...