InicioEconomíaA candidatura do vigués Pedro Rey é a primeira que se formaliza...

A candidatura do vigués Pedro Rey é a primeira que se formaliza para presidir a CEG

Rey Vera é vocal da Asemblea Xeral da CEG por CECAP-Galicia,presidente do Grupo CIP (Centro de Iniciativas Profesionais) e sociofundador da primeira universidade privada en liña de España (Udima).

PUBLICADO O

A candidatura do vigués Pedro Pablo Rey Vera foi a primeira en formalizarse de maneira oficial para concorrer á Presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Segundo informa a patronal galega nun comunicado, este luns a CEG recibiu a candidatura oficial de Pedro Rei de face á asemblea electoral que se celebrará o 24 de novembro.

Rey Vera é vocal da Asemblea Xeral da CEG por CECAP-Galicia,presidente do Grupo CIP (Centro de Iniciativas Profesionais) e sociofundador da primeira universidade privada en liña de España (Udima).

Deste xeito, convértese no primeiro en oficializar a súa candidatura a falta de que outros como o ourensán José Manuel Díaz Barreiros decidan se dan o paso tras mostrar a súa intención de presentarse a estas eleccións.

A patronal galega leva case tres anos en situación de interinidade ao chegar ata en dúas ocasións á cita electoral sen que ninguén dese o paso de presentarse como candidato. Neste período foi o máximo responsable da confederación coruñesa, Antonio Fontenla, quen, por razóns de idade, exerceu como portavoz.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...