InicioEconomíaO PP volve reclamar que o concello vigués e a Deputación de...

O PP volve reclamar que o concello vigués e a Deputación de Pontevedra acheguen axudas ao comercio e á hostalaría

Os populares critican que o goberno local non busque destinar os remanentes "aos sectores que máis o necesitan" e sen os que "Vigo se morre".

PUBLICADO O

O Grupo Municipal de PP en Vigo volveu a reclamar ao goberno local da cidade e a Deputación de Pontevedra axudas ao comercio e a hostalaría e denunciou que estas representan “as únicas institucións da comunidade autónomas” que non as articularon.

En declaracións remitidas a medios, o portavoz do Grupo Municipal do PP, Alfonso Marnotes, lamentou a falta dunha liña de axudas “polo menos para o pago de gastos correntes” destes sectores de Vigo, que “están a ser discriminados pola prepotencia do seu alcalde e da presidenta da Deputación”.

Nesta liña, Alfonso Marnotes volveu a demandar que se destinen a este fin 10 millóns de euros, que permitirían apoiar a 3.500 autónomos e micropymes. “No próximo pleno aprobarase destinar 33 millóns dos remanentes a humanizacións de rúas. Nós reclamamos que tamén se dediquen 10 para axudar á hostalaría e ao comercio”, explicou.

Así, criticou que o goberno local non busque destinar os remanentes “aos sectores que máis o necesitan” e sen os que “Vigo se morre”.

Mentres, o portavoz do Grupo Municipal do PP destacou que a Deputación da Coruña asignou 10 millóns de euros e a de Ourense 4 millóns de euros a autónomos e micropymes, investimentos que tamén estableceron outros concellos, como Lugo, Ourense e Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...