InicioEconomíaLicitan por máis de 700.000 euros o contrato de explotación da estación...

Licitan por máis de 700.000 euros o contrato de explotación da estación de buses da Avenida de Madrid

O contrato que se licita inclúe a xestión do servizo público da estación de buses, a explotación dos locais e servizos complementarios, das zonas comúns e a explotación publicitaria. O actual servizo de explotación finaliza en xaneiro de 2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta publica este xoves na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación do contrato de explotación da estación de autobuses da Avenida de Madrid, en Vigo, por un valor estimado de 775.000 euros.

A entidade concesionaria asumirá a xestión da terminal por un período inicial dun ano, cun valor inicial de máis de 387.000 euros, e a posibilidade de prórroga por outro ano máis, ata alcanzar os 775.000 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 25 de novembro para presentar as súas ofertas.

O contrato que se licita inclúe a xestión do servizo público da estación de buses, a explotación dos locais e servizos complementarios, das zonas comúns e a explotación publicitaria. O actual servizo de explotación finaliza en xaneiro de 2021

O anuncio publicado este xoves recolle o orzamento base da concesión por 49.300 euros, en concepto de compensación por obrigacións de servizo público.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...