InicioEconomíaQueroTui, a campaña coa que o concello tudense quere potenciar o comercio...

QueroTui, a campaña coa que o concello tudense quere potenciar o comercio local entre os veciños

Nela participan destacados deportistas, xornalistas ou historiadores da localidade.

PUBLICADO O

“QueroTui” . Ese é o nome da nova campaña coa que o Concello de tui pretende poñer en valor o comercio, a hostalería e o produto local. É unha iniciativa promovida polo Concello de Tui a través da concellería de Comercio que busca implicar a poboación tudense nunha aposta polo seu. 

A través de redes sociais propias en Facebook e Instagram QueroTui levará cabo distintas iniciativas para a visibilización do sector comercial tudense ante os retos aos que se enfronta. Deste xeito, o comercio, a hostalería, o mercado semanal, os produtores locais serán o eixo de parte das accións previstas. “Ademais, persoas relevantes da vida social, cultura e económica de Tui súmanse a esta campaña amosando o seu apoio e tamén se aposta pola formación coma unha das claves para afrontar os retos de futuro”, destaca o concello nun comunicado. 

“Queremos converternos nunha marca de referencia que dea visibilidade ao noso comercio local en xeral, pondo en valor os produtos vendidos ou fabricados na nosa cidade, pola nosa xente”, destaca a concelleira de Comercio, Ana Núñez.

Por iso, destaca, están convidados a participar tamén unha serie de persoas relevantes da vida social, cultural e económica de Tui, sen as que a cidade non sería o mesmo. Así baixo o lema “TUI EN PERSOA” nas redes sociais compartiranse as mensaxes do alcalde, Enrique Cabaleiro, de deportistas da talla de Quique Miguez ou Manu Garrido, artistas como Samuel Diz, Laura Villaverde ou Ángel Sánchez o historiador Suso Vila, a xornalista Eva González, os escritores Marga do Val ou Rosendo Bugarín, referentes como Antón Corral, Mª Teresa Domínguez, entre outros moitos así coma a empresarios e empresarias .

Outra da accións previstas é “QUEROCOMERCIO”, que permitirá coñecer mellor aos comercios e aos comerciantes da cidade dando apoio e cobertura á súa comunicación dixital, quen son e que fan. Igualmente porase en valor os produtos de cercanía incidindo e compartindo o valor do local a través de “MERCA EN TUI”. Con “QUEROHOSTALERIA” percorrerase a vida diaria da hostalería de Tui e os seus protagonistas” e con “MERCADILLEANDO” toca unha inmersión no “mercadillo máis seguro de Galicia”.

Outra das acción previstas ten por obxectivo a promoción e posta en valor da plataforma de comercio electrónico dos comercios locais www.etui.es Este mercado en liña é a aposta do comercio local pola dixitalización, adaptación aos novos tempos e novos hábitos de compra.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...