InicioEconomíaA CIG pide unha suba de 600 euros nas negociacións do convenio...

A CIG pide unha suba de 600 euros nas negociacións do convenio do metal

PUBLICADO O

A Federación de Industria do sindicato CIG dirixiuse ás distintas parte que integran a mesa do convenio do Metal da provincia de Pontevedra para pedir retomar as reunións e instar a recuperar a negociación deste convenio, paralizada desde marzo pasado como consecuencia da pandemia de coronavirus.

A confederación nacionalista apuntou que, tras a continuación da actividade laboral, faise “imprescindible” sentar novamente para chegar a un acordo sobre as condicións laborais do sector, cuxo actual convenio perdeu vixencia en 2019.

Por iso emprazaron á patronal e ao resto de sindicatos a establecer un calendario de encontros para retomar as negociacións e pactar un convenio que, ao seu xuízo, debe servir para recuperar o poder adquisitivo dos últimos convenios. A ese respecto, apuntaron que os traballadores do Metal da provincia de Pontevedra “cobran 1.150 euros anuais menos que os da Coruña”.

Así, a CIG propuxo subidas lineais para todos os traballadores de 600 euros “como mínimo” e recuperar a cláusula de revisión salarial efectiva “para cobrar os atrasos das diferenzas entre o IPC”.

OUTRAS PROPOSTAS

Tamén sinalou como “importante” a regulación da subrogación entre empresas para que, ao acabar as concesións, os traballadores poidan ser contratados polas empresas que entren nas mesmas condicións; e apostou por clarificar as condicións nas que os empregados terán dereito a cobrar pluses de toxicidade, penosidade ou perigo, así como as dietas.

A CIG reclama, por outra banda, a redución da xornada anual a 1.752 horas, mellorar os complementos salariais nas baixas por enfermidade común, e mellorar as licenzas e permisos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...