InicioEconomíaO Concello cobrará a auga segundo consumo a partir do 1 de...

O Concello cobrará a auga segundo consumo a partir do 1 de xaneiro

Así o Concello olívico cumpre a súa obrigación de adaptar o seu recibo da auga á directiva europea e á normativa autonómica sobre medidas que garanten o abastecemento en períodos de seca e que obriga a eliminar os mínimos exentos e a tarifar segundo consumo.

PUBLICADO O

O goberno municipal de Vigo deu luz verde á modificación da estrutura tarifaria do recibo da auga, de modo que se elimina o cobro fixo por un mínimo (30 metros cúbicos) e establecerase o pago segundo o que se consuma.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que, unha vez superado o período de consulta previa, abrirase agora o prazo para a emisión de diversos ditames e informes. Posteriormente, o cobro por consumo levará a pleno para a súa aprobación inicial e, tras o período de alegacións e exposición pública, debaterase a súa aprobación definitiva.

Deste xeito, está previsto que a nova tarificación entre en vigor o 1 de xaneiro de 2021, e así o Concello olívico cumpre a súa obrigación de adaptar o seu recibo da auga á directiva europea e á normativa autonómica sobre medidas que garanten o abastecemento en períodos de seca e que obriga a eliminar os mínimos exentos e a tarifar segundo consumo.

Segundo ha explicando o alcalde, a partir de xaneiro do ano que vén o recibo da auga en Vigo terá unha parte fixa (correspondente aos custos de mantemento da rede de abastecemento, da rede de sumidoiros e a depuración) e unha parte variable.

Nesa parte variable, establecerase un consumo mínimo de 100 litros por persoa e día, polos que se pagarán 7 céntimos (tamén por persoa e día). Cando o consumo sexa superior, o prezo tamén se incrementará, de maneira que se busca incentivar o consumo responsable.

Esta tarificación calcularase en función das persoas censadas en cada domicilio, polo que, as persoas non empadroadas en Vigo non poderán contar á hora de calcular o prezo e de acollerse a ese mínimo. Como exemplo, para unha familia de 3 persoas, e cun consumo de 12 metros cúbicos, o recibo pasará de 35,79 euros a 34,69 euros.

Abel Caballero estimou que a nova tarificación beneficiará á metade dos vigueses, que aforrarán no seu recibo “dun 2 % para arriba”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...