InicioEconomíaKPMG a "auditora da fusión" das caixas galegas, implicada nun cartel de...

KPMG a “auditora da fusión” das caixas galegas, implicada nun cartel de amaño de contratos públicos en España

Entre o listado de empresas implicadas aparece a galega Altia Consultores e unha das principais contratistas do estado, INDRA Sistemas

PUBLICADO O

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC) propón sancionar con 47 millóns de euros a 22 consultoras que funcionaban como un “cártel” para repartirse contratos públicos mediante ofertas falsas durante os anos 2009 e 2018, segundo avanza o diario ‘El País

Entre as compañías investigadas atópanse a consultora KPMG que realizou a “falsa auditoría” para a fusión das caixas galegas coa que o presidente da Xunta mentiu en 2010 asegurando que afusión das caixas estaba abalada por unha auditoría.

Na investigación aberta pola CNMC fai referencia a centos de correos electrónicos que apuntan a que un grupo de consultoras facíanse favores mutuos para repartirse os contratos, presentando ofertas ficticias.

A orixe das actuacións da CNMC atópase na remisión, por parte da Autoridade Vasca de Competencia, da investigación realizada por unha posible repartición de contratos de servizos de consultoría licitados pola Administración autonómica do País Vasco e, en particular, a información obtida nas inspeccións realizadas por esa autoridade, os días 11 e 12 de xaneiro de 2017, nas sedes de varias empresas.

O hoxe por min, mañá por ti

Así foi como PA pediu a KPMG, en marzo de 2018, a súa colaboración para unha licitación da Deputación Foral de Bizkaia. PwC, pola súa banda, solicitou auxilio ao cartel para acceder a licitacións do Ministerio de Xustiza e do Consello Xeral do Poder Xudicial.

De acordo co informe da CNMC ao que tivo acceso ‘El País’, a empresa que presentaba a oferta ‘boa’ mesmo se ofrecía a elaborar a proposta falsa dos seus ‘competidores’, que só tiñan que asinala e enviala á Administración pública en cuestión.

O listado de empresas e directivos implicados

Abay Analistas Económicos, a galega Altia Consultores e a súa matriz Boxleo TIC; BmasiI Strategy; Competitividad Desarrollo e Innovación, Consultores de Políticas Comunitaria; Deloitte Consulting, Deloitte Financial Advisory e a súa matriz Deloitte Financial Advisory; Gestiona XXI Consulting, Gizarpro,  Idom Consulting, Engineering, Architecture e a súa matriz Idom, Indra Sistemas, Innovisions 21; Oesia Networks e a súa matriz Heisenberg 2014; Pa Consulting Services Limited Sucursal en España e a súa matriz Pa Consulting Services Limited; PwC Asesores De Negocios; Red2Red Consultores; Regio Plus Consulting; T-Systems ITC Iberia e a súa matriz T-Systems International GmbH; y 97S&F.

Tamén aparecen incoados como directivos das empresas BmasiI Strategy, Deloitte Consulting, Idom Consulting, Engineering, Architecture, Innovisions 21, 97S&F, PwC Asesores De Negocios, Regio Plus Consulting y Red2Red Consultores.

A falsa auditoría da fusión das Caixas Galegas

En 2010, apenas un ano despois de acceder ao poder, Núñez Feijóo asegurou dispoñer dunha auditoría da consultora neerlandesa KPMG que supostamente avalaba as posibilidades de fusión de Caixa Galicia e Caixanova, as dúas grandes caixas de aforro de Galicia.

En maio de 2018 Francisco Gibert, coautor do informe realizado por KPMG para a Xunta de Galicia, declaraba na Comisión do Congreso dos Deputados que investigaba a crise financeira e o rescate bancario das entidades crebadas en España que a Xunta de Galicia baseara a fusión nun documento chamado “diagnóstico acelerado” e non nunha auditoría como tal. Dito documento fixera unhas previsións conxunturais que resultaron ser erróneas e polas que o goberno de Feijóo pagaría 1 millón de euros e poría fin ás caixas de aforro galegas que pasarían a fusionarse en NovaCaixaGalicia convertida na desaparecida NovaGaliciaBanco ao banco venezolano Banesco, actual propietario da entidade renomeada como ABANCA.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...