Vigo, 2015. Pablo vive nun piso na Gran Vía e todos os domingos camiña pola rúas de Barcelona ou da rúa Zamora, para ir xantar á casa dos seus pais. Descobre como os baixos comerciais, mesmo nesa zona céntrica, van quedando baleiros. Empeza a pensar unha solución.
Verán do 2019. Esa solución está case pronta para saír ao mercado e revitalizar o pequeno comercio. Pablo acende o televisor e observa no telexornal unha folga de “riders” dunha das apps do momento en Barcelona. Pensa que a súa solución de proximidade debe dignificar o labor de quen distribúe e afina a súa solución para incluír aos repartidores, para que non sexan “falsos autónomos”. A fins do 2019 nace DBarrio (https://dbarrio.com/) e algúns comercios empezan a sumarse á plataforma
Marzo do 2020. A plataforma suscitou interese en Vigo e nos concellos próximos. Queren estar incluídos no primeiro marketplace de proximidade galego, que xa saíu na TVG e tivo ata catro minutos en La Sexta. O novo coronavirus e a corentena obrigatoria han posto un cadeado en todos os comercios con atención ao público. Pablo observa como a súa solución crece e dá respostas a esgalla de comerciantes que grazas a dbarrio seguen operativas. Toda a entrevista no Galicia Confidencial.