InicioEconomíaTraballadores da conserveira Thenaisie reclaman a súa venda para evitar a súa...

Traballadores da conserveira Thenaisie reclaman a súa venda para evitar a súa liquidación

O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declarou en concurso voluntario de acredores á empresa Thenaisie Provote o pasado mes de maio. As facultades de administración e disposición da compañía sobre o seu patrimonio quedaron intervidas pola administración concursal.

PUBLICADO O

Traballadores da conserveira Thenaisie concentráronse este venres en Vigo para reclamar que se permita a venda da mesma a un empresario galego que realizou unha proposta de compra, xa que consideran que representa a única alternativa para evitar que entre en liquidación.

En concreto, a concentración, convocada pola CIG, foi realizada ante o despacho de avogados Garrigues, que, segundo sinalou a secretaria de Alimentación do sindicato no Salnés, Rosa Abuín, asesora á empresa, cuxa dirección se atopa en Romanía, xunto á directora financeira da conserveira.

Deste xeito, lembrou que un empresario galego, que conta con frota propia, presentou unha oferta “firme” para a compra da conserveira Thenaisie Provote, que entrou en concurso de acredores o pasado mes de maio pola súa situación de insolvencia.

De feito, este xoves reuníronse este empresario, representantes dos traballadores e a directora financeira de Thenaisie, na que o investidor galego mostrou o seu compromiso para manter os 125 empregos das dúas plantas do Grove –fábrica de produción– e Mos –loxística–. Abuín tamén indicou o empresario galego puxo como data límite o vindeiro xoves para obter unha resposta.

Ademais, a sindicalista acusou á directora financeira da empresa e ao despacho de avogados de “pór trabas” a unha proposta, que, segundo sinalou, “garante todos os postos de traballo”. Deste xeito, tachou de “escusa” que os asesores afirmen que traballan en interese do seu cliente dado que, segundo lembrou, esta empresa atópase en concurso de acredores.

Así, Rosa Abuín advertiu que, se non se modifica esta posición, a conserveira “irá á liquidación”, polo que o cliente da directora financeira e o despacho de avogados “non vai recibir absolutamente nada”.

Nesta liña, apuntou á posibilidade de que se comezou a realizar unha “manobra” co obxectivo de que a conserveira entre en liquidación e non sexa preciso garantir os postos de traballo. Por este motivo, avanzou que os traballadores de Thenaisie continuarán “a loita”.

O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declarou en concurso voluntario de acredores á empresa Thenaisie Provote o pasado mes de maio. As facultades de administración e disposición da compañía sobre o seu patrimonio quedaron intervidas pola administración concursal.

O prazo para presentar o informe da administración concursal é de dous meses. Thenaisie Provote alegou que se atopa en estado de insolvencia. Para acreditalo, presentou a memoria da súa historia xurídica e económica, un inventario de bens e dereitos e a relación nominal dos seus acredores, xunto con outros documentos. Nos informes, indica que o seu pasivo é superior ao cinco millóns e que conta con 464 acredores.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...