InicioEconomíaTraballadores de Vitrasa emprenden mobilizacións por "incumprimentos" da empresa e do Concello

Traballadores de Vitrasa emprenden mobilizacións por “incumprimentos” da empresa e do Concello

Os traballadores denuncian que non se cumpre o rexistro horario, que os condutores non teñen descansos e que non se sentiron protexidos de posibles contaxios durante a pandemia de COVID.

PUBLICADO O

Os traballadores da empresa Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, iniciaron este venres unha campaña de mobilizacións para denunciar “incumprimentos”, tanto por parte do Concello como da propia empresa, en materia de seguridade, descansos, salario, etc.

O comité de empresa concentrouse ante o consistorio olívico para denunciar que, a pesar das promesas do alcalde, Abel Caballero, de que “se blindarían” os salarios dos traballadores das concesionarias, Vitrasa aplicou un ERTE ao seu persoal. “O Goberno local falou de indemnizar á empresa pola menor actividade durante o estado de alarma, pero non sabemos se se nos vai a compensar a redución dos nosos salarios“, sinalou o presidente do comité, Imanol Arnoso (CIG).

Por outra banda, reclamaron ao Concello que manteña os baños portátiles instalados nalgunhas liñas, nas que os condutores de autobuses non poden acceder a ningunha cafetaría ou establecemento onde asearse e facer as súas necesidades.

Ao goberno local tamén lle demandan que manteña o sistema de pago de bus a través de cartóns moedeiro, implementando melloras, como a posibilidade de que eses cartóns poidan ser adquiridas en quioscos, estancos, etc. Ta

DEMANDAS Á EMPRESA

Con respecto á empresa, os traballadores denunciaron que non se está cumprindo o rexistro horario, que os condutores non teñen descansos e que non se sentiron protexidos de posibles contaxios durante a pandemia de COVID.

De feito, Arnoso sinalou que todas as medidas de seguridade tiveron que ser reclamadas reiteradamente polos empregados, porque a empresa “foi sempre a remolque” e, entre esas medidas, os biombos que protexen aos condutores. As que se instalaron, denunciou, “son demasiado pequenas e ineficaces” ante posibles contagios.

Finalmente, cuestionado polos incidentes ocorridos nos últimos días con viaxeiros de bus que se negaban a porse a máscara e mesmo se comportaban de modo agresivo (un deles agrediu a un condutor, que está baixa), Imanol Arnoso lamentou que, “ademais de ter que estar atentos ao tráfico e ao tempo da ruta”, os choferes “ten que facer de policías”.

Á concentración de traballadores de Vitrasa deste venres acudiu o portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, quen criticou que o goberno de Abel Caballero non se preocupe das condicións laborais destes empregados, pero si de prorrogar a concesión a Vitrasa outros 5 anos, unha medida que “só beneficia” á empresa, porque non é boa nin para o persoal, nin para os usuarios nin para as arcas municipais.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...