InicioEconomíaO Porto de Vigo anuncia un litixio se a familia Franco non...

O Porto de Vigo anuncia un litixio se a familia Franco non renuncia a vender os terreos do Museo de Rande

Os sobriños de Carmen Franco atribúense a titularidade dos terreos sobre os que se asenta Meirande e que a Autoridade Portuaria cualifica como "de dominio público".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo acudirá aos tribunais se os sobriños de Carmen Franco non renuncian a vender os terreos sobre os que se asenta o Museo de Rande, ‘Meirande’, cuxa titularidade se atribúen e que a Autoridade Portuaria cualifica como “de dominio público”.

Así o trasladou o presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, quen confirmou que, tras tentar o cambio de titularidade no rexistro sen éxito, dirixiuse á familia Martínez Bordiu para solicitarlle que modifique a anotación catastral na que eses terreos figuran como da súa propiedade.

Segundo explicou López Veiga, o museo e os terreos lindeiros están en dominio público portuario e, en concreto, o centro de interpretación, está cedido en réxime de concesión ao Concello de Redondela. Para o presidente portuario é “inexplicable” que se puidesen rexistrar como propiedade desa familia.

Por iso, indicou que, se os Martínez Bordiu non aceptan o cambio no catastro, o Porto “irá a un litixio”. “E gañarémolo”, resolveu.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...