Home Economía Pemes galegas que sortean os ERTE en pleno estado de alarma

Pemes galegas que sortean os ERTE en pleno estado de alarma

0
Pemes galegas que sortean os ERTE en pleno estado de alarma
Xosé Xaquín Gómez, socio e xerente de Salcón Alimentaria

O decreto do Estado de Alarma a consecuencia da contención da pandemia do SARSCoV2 supuxo un parón da actividade económica sen precedentes na historia recente de España e mundial. Moitas empresas víronse na obriga de pechar por imperativo legal, e outras que pese a que o decreto non limitaba a súa actividade víronse abocadas ao peche ao non ter clientes aos que poder atender.

Entre os máis de 3,7 millóns de expedientes de regulación que tramita o SEPE atópanse 31.100 traballadores de empresas xigantes con beneficios anuais millonarios como PSA España (5.100 millóns) , Renault España (2.900 millóns ), IKEA España (1.817 millóns) ou H&M España (1.640 millóns) que non foron quen de soportar a carga de manter os soldos dos seus empregados durante alomenos un mes.

Fronte a estes xigantes e multinacionais hai PEMES galegas, principalmente empresas familiares, que lonxe de darse por vencidas, están dispostas a reinventarse e aguantar o envite do covid19 para manter os postos de traballo e os ingresos familiares dos seus traballadores.

Salcón é unha familia, e as familias superan os obstàculos mantendo unha unidade inquebrantable. Hoxe os donos de Salcón decidimos non prescindir de nadie e permanecer todos na mesma barca, remando xuntos , como fixemos ao longo destes 32 anos.

Como consecuencia delo, hoxe a dirección de Salcón renunciou ao ERTE , algo que o Estado puxo a disposición das empresas namentres dure o estado de alarma .

Apesar de todos os pesares, hoxe tomamos esa decisión porque Benjamín e Xaquín tamén son uns traballadores coma vos, e nestes momentos criticos queremos demostrar que Salcón non e unha empresa calquera, somos unha empresa diferente, xustamente por iso, porque somos unha familia.

Quen asina esta carta aos traballadores é Xosé Xaquín Gómez “Xocas”, veciño de Nigrán e socio, xunto ao seu irmán Benjamín, dunha empresa de distribución de productos de alimentación ubicada en Gondomar.

O 90% dos seus clientes son restaurantes da provincia de Pontevedra, todos eles pechados polo decreto do estado de alarma. O 10% restante son tendas de alimentación, carnicerías e charcuterías que aínda manteñen a actividade.

A empresa chegou o pasado 4 de abril a un acordo cos traballadores para non acollerse a un ERTE e manter os postos de traballo e os soldos cunha clientela mermada nun 90%.

“A nosa decisión de non mandar aos traballadores a un ERTE é unha decisión empresarial, pero por encima de todo é unha decisión de responsabilidade. É o que me dicta a miña conciencia e eu vivo da miña conciencia” apunta Xaquín Gómez.

A situación que atravesan actualmente é de “re-invención” e reorientación do modelo de negocio. “Estamos adaptando o traballo a un novo modelo de venta novo para nós. Seguimos vendendo ás tendas de alimentación pero agora tamén levamos compras aos domicilios, sobre todo nos pobos e aldeas. E iso conleva adaptar os paquetes dos produtos e cambiar o xeito de establecer contacto cos clientes; e sobre todo facer kilómetros para facer as entregas de xeito rápido. Estamos tirando das nosas propias redes persoais para pornos a disposición das familias para o que precisen, e utilizando as redes sociais e os contactos de WhatsApp para ofertarlles os nosos produtos a pé da porta de casa.” asegura Xaquín.

O que hai é que ter son ganas de traballar e alonxarse do pensamento de mandar para casa a unha persoa que leva trinta anos traballando contigo para que gañe 840€, que iso é facil… Pero son os meus compañeiros de viaxe, dos 32 anos que ten esta empresa. Eu teño que evitar facerlle iso a un traballador. Eu podo estar un mes ou dous meses sen cobrar, pero igual esa persoa non. Primeiro temos que pagarlle á xente, e logo se podemos cobrar nós, pois cobraremos.”

“Hai xente que pode pensar que son un irresponsable por facelo así pero eu aos meus traballadores non os vou deixar tirados, porque eu sei ata onde podemos chegar. Que seguramente temos que fraccionar a nómina en 3 veces ao mes? é posible. Pero o meu obxectivo é que en trinta días cobren todos a nómina completa. É algo que pactamos cos traballadores.

“Eu nunca esquezo de onde veño, e iso permíteme actuar en consecuencia en todo o que fago.”

Xaquín Gómez

Xaquín Gómez volve cara atrás na conversa recapacitando para sí mesmo as orixes da empresa, sinalando que posiblemente a clave de poder tomar agora esta decisión fose precisamente a base sobre a que asentaron a formación da emprea hai trinta e dous anos.

“A nosa empresa é unha empresa familiar que creceu en base a un pilar que era o de non vender a grandes superficies. E tivemos ofertas… pero non quixemos nunca concentrar o noso volume de facturación nun só cliente. Era o camiño máis fácil, de feito moitos colegas cairon nel e todos acabaron mal por esa dependencia. Nós eleximos o camiño máis fodido que é o de ter 800 clientes pequenos en carteira e currar a facturación dia a dia, pouco a pouco. Servirlle ás tendas de alimentación de barrio, ás charcuterías, ás carnicerías e aos restaurantes. Pero precisamente ese modelo, esa non dependencia das grandes superficies é o que nos permitiu agora mesmo non despedir a ningún traballador nesta situación, porque somos nós os que temos o control da empresa, e non a gran superficie.” sinala Xaquín convencido.

Xaquín tamén sinala que esta situación non podería levala adiante se non tivese o apoio dos seus proveedores, que apunta que todos eles foron comprensivos coa situación e o xeito no que queren afrontalo.

“Temos moi bós proveedores, … a todos lles explicamos a situación e a nosa intención de seguir traballando. E ningún puxo reparo á hora de seguir suministrando produto aínda que os pagos poidesen demorarse. Teño chorado con eles por teléfono nestes días, porque cousas así fante chorar… que chames alguén e que o primeiro que che digan é que lle pidas todo o que necesites sin porche impedimento ningún, iso emociónate”.

“Non son nin mellor nin peor que nadie. Eu non quero ser mellor que ninguén, nin quero compararme con nadie. Eu quero actuar según o que me dicta a miña conciencia.” Sentencia Xaquín. “Eu teño un mandamento que é: según a túa sementeira así vai ser a túa colleita. E creo niso. Creo que si son unha boa persoa vou recoller froitos distintos no futuro, e doutro xeito a vida pasareme factura, e con IVA”.

“Eu veño dunha familia moi humilde. Meu pai eran once irmáns, unha das familias máis pobres de Camos (Nigrán). Eu nunca esquezo de onde veño, e iso permíteme actuar en consecuencia en todo o que fago.”

“Eu teño claro que desta crise actual polo coronavirus vamos a sair reforzados. Reforzados coa realación cos nosos proveedores, reforzados cos nosos traballadores e reforzados cos clientes. E si humanamente saimos disto reforzados, o que veña non vai poder con nós. ” conclúe Xaquín.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here