InicioEconomíaAdolfo Domínguez, a Xunta e Meifus Industrial colaboran para facer máscaras protectoras...

Adolfo Domínguez, a Xunta e Meifus Industrial colaboran para facer máscaras protectoras con perchas de madeira

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia, Adolfo Domínguez e Meifus Industrial colaboran para a fabricación de 15.000 pantallas protectoras coa reciclaxe de perchas de madeira como equipo de prevención fronte ao coronavirus.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, mantivo unha videoconferencia con membros do CIS Madeira e das compañías Adolfo Domínguez e Meifus Industrial, localizada en Mos (Pontevedra), así como co Polo de Innovación en Enxeñería de Polímeros de Portugal para abordar este proxecto.

A iniciativa empregará máis de 10.000 perchas de madeira que están obsoletas e que cede Adolfo Domínguez ao CIS Madeira. Ahor se triturarán e mesturaranse con propileno (plástico) e dese material –coa colaboración de Meifus– fabricaranse as viseras protectoras homologadas de acordo aos criterios do Ministerio de Sanidade.

Despois as 15.000 pantallas doaranse ao Sergas e a entidades sociais. Respecto diso, o conselleiro destacou o compromiso da industria galega nun momento de dificultades, nun exemplo de economía circular e I+D+i solidario.

Así mesmo, Francisco Conde mantivo unha reunión este mércores con representantes do Clúster do Granito, no marco da rolda de reunións con sectores polo impacto do coronavirus. Entre outros asuntos, abordouse a guía de recomendacións e prevención laboral, cunha versión específica para a industria extractiva.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...