A actividade dos procuradores en xulgados de Vigo cae ao 1,5 %

Procuradores en Vigo / E.P.

A actividade dos procuradores nos xulgados de Vigo reduciuse ao 1,5 % despois de tres semanas de estado de alarma, e coas limitacións impostas neste ámbito, xa que só se tramitan cuestións urxentes e inaprazables.

Segundo informou o Colexio de Procuradores de Vigo (no que se integran máis de 150 profesionais), nas últimas tres semanas, este colectivo xestionou 1.245 notificacións e 616 escritos, é dicir, “a décima parte do tramitado” nos cincos días da semana anterior ao Real Decreto de medidas extraordinarias pola crise do coronavirus.

“Os procuradores de Vigo quedamos en casa para poder volver ao xulgado canto antes. Como operadores privados, a nosa actividade estes días, do mesmo xeito que a de moitos traballadores e empresas, queda a cero. Dependemos do funcionamento dos xulgados. Pasamos de 100 a 1 en tres semanas”, explicou José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.

Ante a situación xerada pola expansión da pandemia de coronavirus, os procuradores só acoden aos xulgados en casos en que sexa “imprescindible” para a xestión de asuntos urxentes, e a tramitación de escritos e notificacións faise a través da aplicación informática Lexnet.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here