InicioEconomíaAbanca faise co control de Nova Pescanova para "devolver os órganos de...

Abanca faise co control de Nova Pescanova para “devolver os órganos de dirección a Galicia”

Controlará o 80 por cento da compañía pesqueira.

PUBLICADO O

Abanca adquiriu as accións que ata agora tiñan Sabadell e Caixabanc en Nova Pescanova, polo que a entidade financeira que dirixe Juan Carlos Escotet controlará o 80 por cento da compañía pesqueira.

Abanca informa de que a operación se formalizará nas próximas semanas. Nese momento, pasará a controlar maioritariamente a multinacional con sede no concello pontevedrés de Redondela.

Deste xeito, a entidade financeira duplica o seu peso na pesqueira ao pasar do 40 ao 80 por cento das accións. A compra prodúcese sobre a parte que pertencía ao Banco Sabadell e Caixabanc.

Segundo explica Abanca, o obxectivo da operación é “salvagardar unha empresa fundamental para Galicia e devolver “os órganos de dirección” á comunidade.

Así, a entidade que encabeza Escotet culmina o proceso de control sobre a multinacional pesqueira, xa que pasou de contar co 5% das accións de Nova Pescanova a, posteriormente, o 40%, cifra que agora se duplica, o que lle outorgará o control sobre a compañía.

Abanca explica que o seu “plan” inclúe “reforzar a estrutura finaciera da compañía” e “os seus principais ámbitos de actividade corporativa e comercial”.

“De acordo co seu plan, Abanca reterá unha participación importante no accionarado de Nova Pescanova para avanzar na procura dun socio industrial que permita contruir un proxecto de valor a longo prazo desde Galicia”, engade a entidade finaciera.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...