A Autoridade Portuaria de Vigo confirmou este luns que, a pesar da crise do coronavirus, mantén os seus peiraos “plenamente operativos” para garantir a cadea loxística e o fluxo de “bens básicos e necesarios”.
Segundo trasladou o organismo, o horario de apertura das oficinas centrais reduciuse de 10.00 a 13.00 horas, e todo o persoal que pode facer o seu traballo de modo non presencial está nos seus domicilios desde a pasada semana.
No entanto, e a pesar de estar a traballar “baixo mínimos”, o Porto está “a garantir nas mellores condicións posibles a cadea loxística”, con “peiraos plenamente operativos”, tanto na terminal de colectores, como na de ro-ro, na de mercadoría xeral e na pesca.
A ese respecto, o Porto olívico agradeceu o traballo de todo o seu persoal, sen o cal non se podería manter a actividade.